Factoría
do deporte
Galego

Galicia Sports 360

Galicia Sports 360, Factoría do Deporte Galego, é un compedio de empresa, deporte e sentimento.


Un proxecto que supón a maior obra privada en investimento, 70 millóns de euros aproximadamente, e creación de postos de traballo, máis de 250, no sur de Galicia.

Unha iniciativa que abarca diferentes liñas: laboratorios de investigación, cultura, lecer, turismo deportivo, medicina deportiva, instalacións para a práctica de todos os deportes, etc. Pero sobre todo unha liña mestra da que nos sentimos máis orgullosos. A axuda a todo o deporte galego para capitalizar o enorme traballo que fan as federacións e clubs deportivos de forma individual.

Axudaremos a mellorar todos os clubs federados de calquera deporte traballando conxuntamente a súa tecnificación, dixitalización e administración co obxectivo de progresar e superar novos retos.

Activaremos unha economía de escala para manexar grandes volumes e acceder a contratos de subministracións para mellorar a economía dos clubs.

Innovación e formación

Este proxecto permitirá atraer as iniciativas máis innovadoras en deporte, captar investimento e talento

Referente en formación deportiva, baseado na existencia dunha recoñecida marca como é Denominación de Orixe. Posta en valor dos demais deportes por medio da formación tanto dixital como presencial.

Turismo Deportivo e Restauración

Este proxecto situarase nunha contorna cunhas instalacións que ofrecerán ofertas turísticas para diferentes áreas:
  • Stages de deporte nas propias instalacións
  • Campus de alto rendemiento
  • Opcións de desenvolver eventos deportivos que non tivieron espazo adecuado ata o de agora neste territorio.

Investigación e saúde deportiva

Este proxecto dotará dunha maior especialización en saúde deportiva da contorna.

Ofrecendo un centro especializado coa mellor tecnoloxía e os mellores partners médicos para o seu desenvolvemento.

Ocio e multideporte

Este proxecto capacitará ao noroeste peninsular para desenvolver espectáculos deportivos e de lecer de primeiro nivel.

Finais de moitas competicións deportivas, concertos, espectáculos, todo coas maiores comodidades e a última tecnoloxía.

Fútbol e Canteira

Este proxecto permitirá seguir contando coa canteira que máis produce en España e das mellores do mundo.

E deste feito, seguir construíndo un futuro como referencia mundial no sector deportivo.