GS360 é Innovación e Formación
GS360 crea o HUB do Deporte Galego buscando facer crecer ao noso deporte, dotalo de innovación e introducilo de cheo na transformación tecnolóxica e dixital na que a sociedade está inmersa.

01
Universidade do Deporte
- Convenios con universidades galegas. Programas e titulacións. Epicentro do ecosistema de formación no mundo do deporte con laboratorios de investigación universitaria.
- Programas propios Fundación Celta de Vigo + Universidade de Vigo
- Programa CeltaLab Education lanzado por CeltaLab con formación técnica online.
- Colaboración con The Valley, ecosistema dixital que une a escola de negocios, The Valley Digital Business School, o headhunter, The Valley Talente, e o seu coworking.
- Convenio de colaboración en diferentes programas cunha das universidades privadas punteiras en formación sanitaria.

02
Ciclo Superior de Formación Profesional
- Actividades físicas e deportivas
- Comercio e marketing
- Imaxe e son
- Informática e comunicacións
- Sanidade O obxectivo é crear canteira e facilitar aos nenos e nenas en diferentes vías complementarias:
- Profesionais que remanten a súa formación en universidades
- Acceso profesional no sector deportivo con prácticas no ecosistema xerado en GS360
- Guía e fomento do emprendemento a través da incubadora e aceleradora de GS360

03
HUB de Innovación no Deporte GS360
- Primeiro Centro Tecnolóxico de Innovación no Deporte. Rodeados dos principais CT de Galcia, apoiados nese ecosistema creado e nas súas sinerxias, a Industria do Deporte contará co citado centro xestionado a través do HUB GS360
- Centro demostrador de Tecnoloxía. Espazo para presentación e demostración de novas tecnoloxías (analíticas, realidade aumentada, realidade virtual, intelixencia artificial, blockchain, computer vision, etc. Achega a outros CT. Solucións de start-ups, federacións clubs e grandes corporaciones. Centro de Eventos. Coworking.
- Plataforma Dixital de contidos OOTT para o deporte galego
- Incubadora para lanzamento de novos proxectos. Venture builder
- Creación de Club de Investidores e Fondo de Investimento
- Colaboración para o fomento das relacións transfronterizas con Portugal, comezando con SC Braga e Sporting Lisboa (en todas as súas seccións deportivas) e proxectos de investigación tecnolóxica no HUB GS360
- Conexión con hubs de innovación internacionais: Le Tremplin París, Sportech HUB London, Colosseum Sports Tel Aviv, Zsports Perú, Arena Hub Brasil, Sportheca Brasil e Bacerloa Sportech HUB23.
- Conexión con aceleradoras Conector Accelerator, Lanzadeira, Seedrocket, SturtLab y con Fondos de Investimento Xarxa-Crowd sport, YNN Ventures, Wayra
- Village: un espazo para a comercialización de produtos innovadores no deporte. Inclue o Bar Sportech, un lugar para o consumo de deporte televisado, de alimentación e tamén para realizar probas de diferentes solucións innovadoras no campo do lecer deportivo.