GS360 é Turismo Deportivo e Restauración

GS360 busca converter a Galicia nun referente neste subsector como complemento ao turismo das Rías Baixas e ao do Xacobeo. Será un escaparate internacional para diferentes stages e sede de eventos deportivos de carácter nacional ou internacional que situarán a Galicia como referente mundial do turismo deportivo.

Turismo Deportivo

  • Localización única en Galicia cun clima extraordinario para a práctica do deporte. Situado en un enclave perfecto para dar servizo de ocio en xeral e deportivo en particular no noroeste de España e Portugal.
  • Entorno natural único cunha oferta de ocio deportivo para toda a familia.
  • Stages de pretempada de diferentes clubs deportivos con instalacións punteiras, innovadoras e solucións médicas.
  • Centro de alto rendemento deportivo dirixido ao fútbol mundial.