Factoría do deporte Galego

Transformando o deporte galego cunha inversión sen precedentes: xerando emprego, fomentando a investigación, a cultura e o ocio, e colaborando con federacións e clubs deportivos para un futuro próspero, sostible y cheo de oportunidades.

 

FORMACIÓN

 

Infraestruturas precisas para desenvolver un amplio catálogo de titulacións e programas ligados al deporte, fomentando entre os seus alumnos sinerxias xeradas polas distintas áreas deportivas. Unha formación a cargo dos mellores profesionais en equipo que permitirá desenvolver ao máximo potencial dos estudiantes. Este espazo ademais poderá hospedar a profesionais e estudantes na residencia ou coliving con intercambios de xoves deportistas nacionais e internacionais.

  • Colexio Internacional Americano de 1.800m2
  • Centro de Excelencia de FP Universidade do Deporte de 4.130m2
  • Residencia de 8.650m2
  • Coliving de 1.950m2

 

SAÚDE

 

Contaremos cunha oferta especializada en servizos médicos destinados á tecnificación, prevención e recuperación de deportistas de elite, pero tamén aberta a todos os afeccionados e particulares para que calqueira tipo de paciente poida beneficiarse dunha metodoloxía innovadora que contará cun equipo pioneiro en sports science.

  • Clínica 3.000m2

 

OCIO

 

GS360 contará tamén cun espazo adicado ao ocio pensado para albergar eventos deportivos, musicais ou escénicos converténdose nunha infraestrutura única en Galicia que tamén ofrecerá servizos de retail deportivo, aventura e restauración, así como outras experiencias.

  • Arena: ata 10.000 espectadores grada retractil; 8.000 grada fixa
  • Miniestadio: 4.000 asentos
  • Anel experiencial: 8.000m2
  • Total: 18.000m2

 

TURISMO

 

Unha zona adicada ao turismo deportivo capaz de aloxar stage de pretempada para equipos de elite, brindar aloxamento aos asistentes da area, así como a usuarios e pacientes do área sanitaria no seu hotel.

  • Hotel: 5.000m2 (100 habitacións)

 

DEPORTE

 

A segunda fase da CD Afouteza, un espazo que hoxe xa é uhna realidade, crece para dar fogar a todas as categorías inferiores, persoal técnico, oficinas e nove campos que permitirán ao Real Club Celta medrar sobre os cimentos do seu ben máis prezado: A Canteira.

  • CD Afouteza
  • Oficinas RC Celta: 1.500m2
  • A Canteira RC Celta: 2.160m2
  • 9 campos de fútbol (3 en actual funcionamento)

 

INNOVACIÓN

 

Unha aposta transversal pola investigación e a aplicación práctica con espazo destinado en exclusiva para o desenvolvemento e o crecimento de startups a través do hub de innovación GS360 e o seu centro de fabricación avanzado.

  • Hub innovación: 2.000m2
  • Centro eventos: 787m2 (400 butacas)