Factoría do deporte Galego

Transformando o deporte galego cunha inversión sen precedentes: xerando emprego, fomentando a investigación, a cultura e o ocio, e colaborando con federacións e clubs deportivos para un futuro próspero, sostible y cheo de oportunidades.

 

FORMACIÓN


Infraestruturas precisas para desenvolver un amplio catálogo de titulacións e programas ligados al deporte, fomentando entre os seus alumnos sinerxias xeradas polas distintas áreas deportivas. Unha formación a cargo dos mellores profesionais en equipo que permitirá desenvolver ao máximo potencial dos estudiantes. Este espazo ademais poderá hospedar a profesionais e estudantes na residencia ou coliving con intercambios de xoves deportistas nacionais e internacionais.

  • Colexio Internacional Americano de 1.800m2
  • Centro de Excelencia de FP Universidade do Deporte de 4.130m2
  • Residencia de 8.650m2
  • Coliving de 1.950m2

SAÚDE


Contaremos cunha oferta especializada en servizos médicos destinados á tecnificación, prevención e recuperación de deportistas de elite, pero tamén aberta a todos os afeccionados e particulares para que calqueira tipo de paciente poida beneficiarse dunha metodoloxía innovadora que contará cun equipo pioneiro en sports science.

  • Clínica 3.000m2

OCIO

GS360 contará con diferentes espazos dedicados ao ocio pensado para albergar eventos deportivos, musicais ou escénicos que tamén ofrecerá servizos de retail deportivo, aventura e restauración, así como outras experiencias complementarias. Dispoñerá ademais dun estadio de ata 4.000 espectadores para cubrir partidos oficiais de Fortuna, As Celtas, Xuvenís e outras demandas oficiais.

  • Miniestadio: 4.000 asentos, 11.500m2 + 3.000m2= 14.500m2
  • Servizos deportivos - ocio complementarios: 6.000m2
  • Total: 20.500m2


TURISMO


Unha zona adicada ao turismo deportivo capaz de aloxar stage de pretempada para equipos de elite, brindar aloxamento aos asistentes da area, así como a usuarios e pacientes do área sanitaria no seu hotel.

  • Hotel: 5.000m2 (100 habitacións)

DEPORTE

A segunda fase da CD Afouteza, un espazo que hoxe xa é uhna realidade, crece para dar fogar a todas as categorías inferiores, persoal técnico, oficinas e nove campos que permitirán ao Real Club Celta medrar sobre os cimentos do seu ben máis prezado: A Canteira.

  • CD Afouteza
  • Oficinas RC Celta: 1.500m2
  • A Canteira RC Celta: 2.160m2
  • 9 campos de fútbol (3 en actual funcionamento)


INNOVACIÓN


Unha aposta transversal pola investigación e a aplicación práctica con espazo destinado en exclusiva para o desenvolvemento e o crecimento de startups a través do hub de innovación GS360 e o seu centro de fabricación avanzado.

  • Hub innovación: 2.000m2
  • Centro eventos: 787m2 (400 butacas)