GS360 é Innovación e Formación

Un interese xeral pola formación dos máis novos. Un compromiso concreto en achegar á sociedade modelos de éxito como Denominación de Orixe RC Celta.
01

Cidade Deportiva Afouteza - Fútbol

  • Fútbol profesional, 1 campo dobre para primeiro equipo e 1 campo para filial Celta B
  • 4.500 m2 de instalacións punteiras para o fútbol profesional
  • 6 campos para categorías inferiores, vestiarios, oficinas do club, ximnasios, restaurantes e outras actividades
  • Zona de tecnificación de fútbol con areneros, fútbol a 3, futvoley e outras áreas
  • Nas cateogrías inferiores, incluído Celta Integra, entrenan 230 mozos e mozas. 45 clubs convenidos. Desde a tempada 2014/15 pasaron polas escolas en Galicia 10.506 nenos e nenas. Desde 2011 participaron 12.733 mozos nos nosos campus en Galicia e desde 2017 participaron en campus 2.060 nenos e nenas de fóra de España.
  • En 2013 comezaron as Escolas Internacionais en Campeche (México) e desde 2016 cóntase con 15 academies con 1.886 nenos e nenas no mesmo emprazamento.
  • Intercambios con China, Corea, Xapón, México, Catar, Brasil, EE.UU., Omán, Armenia, Grecia, Colombia, Albania, Emiratos Árabes ou Singapur. Máis de 90 nenos de intercambio e máis de 40.000 formándose baixo D.O. Celta desde 2014.

02

Residencia

    Ata 6.500 m2 en dúas fases cunha ocupación máxima na súa fase final de 300 residentes

    O seu obxectivo e dar servizo a:
    • Canteira RC Celta.
    • Escolas deportivas, clubs e federacións da provincia.
    • Programas de alto rendemento no deporte.
    • Deportistas bolseiros.
    • Programas internacionais do deporte.
    • Programas universitarios.
    • Programas de ciclo superior de Formación Profesional

    Posible desenvolvemento futuro dunha infraestructura hotelera, que complemente aa oferta de lecer e deporte proposta no proyecto.